OBSERVACIÓNS:
Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de "non presentado". Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado ou non faga a presentación oral será cualificado con “non presentado”.
O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico,medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación.
O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado co mesmo valor porcentual (40%); 2) unha presentación oral, xa sexa en vivo ou enviada a través de vídeo gravación (35%); 3) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (25%). Os mesmos criterios serán aplicados á convocatoria adiantada de decembro e a oportunidade de setembro.
O alumnado que oficialmente se matriculara a tempo parcial, e teña concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, será avaliado en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Existe unha oficina (ADI) na universidade especializada en ofrecer atención aos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de correo: adi@udc.es.