Esta materia será impartida en modalidade bilingüe. O proceso de ensinanza e aprendizaxe realizarase en dúas linguas vehiculares, inglés e galego ou castelán, garantíndose en todo momento que todo o alumnado sexa capar de seguir a materia adecuadamente e teña acceso a materiais didácticos equivalentes nas dúas linguas.
O emprego de dúas linguas vehiculares nesta materia se plantexa co principio pedagóxico de andamiaxe para as metodoloxías de docencia en inglés de translanguaging ou code switching, é dicir, cambio de código. O docente poderá ampliar o emprego do inglés e reducir o de castelán/galego progresivamente, segundo vexa a capacidade do alumnado de seguir adecuadamente a materia na lingua estranxeira.
Na interacción na aula animarase ao alumnado a empregar a lingua estranxeira dentro das súas posibilidades.
A competencia lingüística en lingua estranxeira do alumnado nunca será obxecto de avaliación nin terá ningún impacto na nota final que acade na materia. Na avaliación, o alumnado poderá ser avaliado na lingua vehicular que prefira.
Trabállase de modo colaborativo o xogo como recurso didáctico para educación infantil, dado o seu papel fundamental na vida de nenos e nenas.Trabállanse ademais as emocións e empréganse recursos innovadores.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios significativos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Docencias expositivas.
Realización de traballos tutelados.
Lecturas guiadas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Incorpóranse docencias a través da plataforma Microsoft Teams.
As presentacións orais por parte do alumnado poderanse realizar por medios telemáticos.
Parte dos traballos tutelados previstos para realizar en equipo pasan a ser individuais.
Inclúese a avaliación entre pares como recurso pedagóxico.
A proba mixta poderase realizar por medios telemáticos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo corporativo -->Diariamente.
Moodle da UDC -->Dúas veces á semana.
Microsoft Teams -->No horario previsto para as sesións presenciais.
4. Modificacións na avaliación
Traballo tutelado 20 % Revisión guíada de teorías do xogo (en equipo)
Traballo tutelado 15 % Deseño guíado de dous xogos (individual)
Traballo tutelado 15 % Propostas didácticas guíadas (individual)
Traballo tutelado 15 % Documento multimedia sobre a elaboración dun xogo (individual)
Avaliación entre pares 5 % Avaliación guíada dos documentos anteriores (individual)
Traballo tutelado 10 % Clasificación guíada de xogos (individual)
Traballo tutelado 10 % Elaboración de dinámicas nas que se relaciona a intelixencia emocional coas matemáticas (individual)
Lectura guiada 10 % Lectura guíada
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Axustarase ás novedades relevantes que xurdan.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías