Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Practicum II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Practicum II Código 652G01035
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 36
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Bobadilla Pérez, María
Cano López, Pablo
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Couto Cantero, Pilar
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Digon Regueiro, Alba Patricia
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Fuentes Silveira, María Jesús
Golías Pérez, Yolanda
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Gonçalves López, María Paz
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Mesías Lema, José María
Ogneva , Anastasiia
Otero Otero, Patricia
Rivas Barros, Isabel
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Sobrino Freire, Iria
Torre Fernandez, Enrique de la
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
m.bobadilla@udc.es
pablo.cano@udc.es
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
pilar.couto@udc.es
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
patricia.digon@udc.es
eva.espineira@udc.es
m.j.fuentes@udc.es
y.golias@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
paz.goncalves@udc.es
jose.malheirog@udc.es
m.matov@udc.es
paula.mendiri@udc.es
jose.mesias@udc.es
anastasiia.ogneva@udc.es
patricia.otero.otero@udc.es
isabel.rivas@udc.es
e.rodriguez.machado@udc.es
iria.sobrino@udc.es
enrique.torref@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 36 créditos da materia (900 horas), o 48,8% son de carácter presencial (440 horas) e o 51,1% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (460 horas). Das 440 horas de carácter presencial, 420 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma a titorías na Facultade. O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Non se realizan modificacións Se non se puideran completar as horas de estadía no centro, estudarase a situación e seguiranse as indicacións recollidas nas Instrucións do 1 de xullo de 2021 da Secretaría Xeral de Universidades, de previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/2022 e AS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PREVISTAS PARA ACOMODAR AS ACTIVIDADES ACADÉMICAS Á SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE DOCENTE PRESENCIAL que poidan ser aprobadas dende a propia universidade, así como as RECOMENDACIÓNS DA CONFERENCIA DE DECANAS E DECANOS DE EDUCACIÓN RESPECTO AS PRÁCTICAS EXTERNAS DO ALUMNADO. A proposta de alternativas farase desde o Vicedecanato de Practicum, contando co acordo do profesorado titor de centro e da facultade así como do alumnado. A proposta presentarase fronte á Comisión de Título para o visto e prace da mesma. *Metodoloxías docentes que se modifican Sen modificacións 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Realizarase a través de correo electrónico, Moodle e Microsoft Teams 4. Modificacións na avaliación Sen modificacións *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes