Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Lingua galega e a súa didáctica Código 652G02005
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ferreira Boo, María del Carmen
Correo electrónico
m.fboo@udc.es
Profesorado
Ferreira Boo, María del Carmen
Correo electrónico
m.fboo@udc.es
Web
Descrición xeral Lingua galega e a súa didáctica é unha materia que pretende capacitar o alumnado para desenvolver o ensino-aprendizaxe da lingua galega mediante dúas vías principais: a primeira, a través da formación arredor das estratexias didácticas e dos recursos pedagóxicos apropiados para o contexto lingüístico deste idioma; e a segunda, a través do reforzo e da mellora da competencia lingüística do alumnado para que poidan constituirse en verdadeiros modelos lingüísticos para o seu futuro desempeño profesional
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas as metodoloxías, desenvolvéndose no medio virtual a través de Moodle e Microsoft Teams se o escenario sanitario o aconsella, introducindo, por suposto, algúns axustes indispensables para a adaptación ao novo ámbito. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifican as metodoloxías; non obstante, cómpre sinalar o seguinte: -Sesión maxistral: constará de presentacións síncronas ou asíncronas dos contidos que, en calquera caso, serán gravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material necesario. - Proba de ensaio: De non poder realizarse presencialmente, realizarase de forma virtual en dúas partes: un suposto práctico asíncrono, que se entregará a través de Moodle, e un exame teórico escrito síncrono, que se realizará a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ao igual que en circunstancias normais, atenderase ao alumnado no horario de titorías, polos seguintes medios: - Correo electrónico:diariamente para facer consultas, solicitar encontros virtuais para solventar dúbidas e facer seguimento dos traballos titorizados. - Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado, facendo uso do foro temático ou de actividades específicas para desenvolver “discusións dirixidas”, a través das que poñer en práctica ou debater contidos teóricos e lecturas da materia. - Teams: durante as horas de titorías a docente estará conectada á plataforma Teams, para que o alumnado lle poida facer tantas consultas como sexan necesarias (ben por escrito, ben por videochamada) de forma individual ou grupal. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións, agás que se realizarán de forma virtual a través de foros, tarefas en Moodle, cuestionarios, sesións de Teams, e se presentarán tamén de forma virtual. *Observacións de avaliación: No caso de houber algún problema en canto á conectividade no momento de realizar a proba de ensaio, procuraranse outras solucións. A supervisión das cualificacións co alumnado realizarase a través de TEAMS na data que se concretará unha vez postas as cualificacións provisionais. 1.SITUACIÓNS: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212), axustarase ao seguinte: a) Elaboración e presentación de traballo titorizado (20%) b) Proba de ensaio (80%) 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes