Plan de continxencia |
GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A) Alumnado con adicación completa:
-Sesión maxistral
-Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
-Atención personalizada
-Presentacións orais (computa na avaliación)
B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios:
- Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios:
-Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase uso de titorías e/ou comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de:
-Correo electrónico: Diario. Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías.
-Moodle: Según as necesidades do alumnado. Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación.
-Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase por medios telemáticos e será o resultado de:
-Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase:
-Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
-Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais.
-Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta:
Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. Toda a información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre.
A) Alumnado con adicación completa:
- Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%.
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas)
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida ós mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. A nota final será a suma de todas as actividades de avaliación pero habendo acadado como mínimo o 50% en cada actividade.
5. A realización fraudulenta (plaxio) das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente.
B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios:
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) ou individuais, segundo os casos.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. A nota final será a suma de todas as actividades de avaliación pero habendo acadado como mínimo o 50% en cada actividade.
4. A realización fraudulenta (plaxio) das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle.
GRUPO B (Narciso de Gabriel)
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Análise de fontes documentais
- Lecturas
- Recensión bibliográfica
- Proba de ensaio
- Sesión maxistral
- Presentación oral
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso para facer consultas, resolver dúbidas e facer o seguimento das tarefas encomendadas.
- Moodle: Para a entrega de traballos e realización de tarefas de avaliación.
- Teams: Para o desenvolvemento do temario e o seguimento e apoio dos distintos traballos da materia.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase de forma presencial ou por medios telemáticos e poderá ser oral ou escrita.
A avaliación final será o resultado do exame (70%) e dos traballos en equipo (30%). En todo caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta cualificación o 30% restante. As respostas ás preguntas do exame deberán ser concretas, documentadas e reflexivas. Nos traballos en equipo valorarase o contido, a estrutura e a interpretación.
*Observacións de avaliación:
A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.
Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) o resultado da avaliación dependerá do exame (70%) e da lectura dun libro complementario (30%) que se avaliará a través dunha entrevista por medios telemáticos ou de forma presencial.
Ao alumnado de continuación de estudios conservaráselle a cualificación polo traballo en equipo ou a entrevista, sempre e cando correspondan ao curso anterior. En caso contrario a súa cualificación dependerá unicamente do exame.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Os posíbeis cambios especificaranse na Concreción da guía docente que se entregará a comezos de curso. Disporase dos materiais dixitalizados en Moodle.
|