Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Historia da educación Código 652G02006
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Gabriel Fernandez, Narciso de
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
narciso.de.gabriel@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Historia da Educación ten carácter de formación básica e impartese no segundo cuadrimestre do primeiro curso do Grao de Educación Primaria. A natureza desta materia, en interrelación con outras que tamén forman parte do plan de estudios deste Grao, constituie un marco de referencia para a práctica docente ao posibilitar a abordaxe do pensamento pedagóxico contemporáneo mediante o estudio dos movementos máis significativos e que maior trascendencia teñen acadado na práctica educativa actual. Asimesmo, son contidos importantes para os futuros mestres e mestras tanto a evolución histórica do sistema educativo e da educación primaria en España como a perspectiva histórica da formación do profesorado.
Plan de continxencia GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra) 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A) Alumnado con adicación completa: -Sesión maxistral -Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) -Atención personalizada -Presentacións orais (computa na avaliación) B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios: - Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios: -Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Farase uso de titorías e/ou comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de: -Correo electrónico: Diario. Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías. -Moodle: Según as necesidades do alumnado. Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación. -Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación realizarase por medios telemáticos e será o resultado de: -Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase: -Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. -Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais. -Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta: Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. Toda a información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre. A) Alumnado con adicación completa: - Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. - Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida ós mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. A nota final será a suma de todas as actividades de avaliación pero habendo acadado como mínimo o 50% en cada actividade. 5. A realización fraudulenta (plaxio) das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente. B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios: - Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) ou individuais, segundo os casos. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. A nota final será a suma de todas as actividades de avaliación pero habendo acadado como mínimo o 50% en cada actividade. 4. A realización fraudulenta (plaxio) das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle. GRUPO B (Narciso de Gabriel) 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Análise de fontes documentais - Lecturas - Recensión bibliográfica - Proba de ensaio - Sesión maxistral - Presentación oral *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: De uso para facer consultas, resolver dúbidas e facer o seguimento das tarefas encomendadas. - Moodle: Para a entrega de traballos e realización de tarefas de avaliación. - Teams: Para o desenvolvemento do temario e o seguimento e apoio dos distintos traballos da materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación realizarase de forma presencial ou por medios telemáticos e poderá ser oral ou escrita. A avaliación final será o resultado do exame (70%) e dos traballos en equipo (30%). En todo caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta cualificación o 30% restante. As respostas ás preguntas do exame deberán ser concretas, documentadas e reflexivas. Nos traballos en equipo valorarase o contido, a estrutura e a interpretación. *Observacións de avaliación: A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso. Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) o resultado da avaliación dependerá do exame (70%) e da lectura dun libro complementario (30%) que se avaliará a través dunha entrevista por medios telemáticos ou de forma presencial. Ao alumnado de continuación de estudios conservaráselle a cualificación polo traballo en equipo ou a entrevista, sempre e cando correspondan ao curso anterior. En caso contrario a súa cualificación dependerá unicamente do exame. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Os posíbeis cambios especificaranse na Concreción da guía docente que se entregará a comezos de curso. Disporase dos materiais dixitalizados en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes