Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Traballos tutelados Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dous partes:
1. Elaboración dun portafolio que contrendrá o deseño de catro actividades didácticas baseadas nos obxectivos e os contidos propios da materia, sendo a cuarta destas unha proposta didáctica consistente na realización dunha coreografía que, como as outras actividades, deberá contar cunha xustificación, así como coa formulación dos obxectivos e a especificación dos contidos que a sustentan.
2. Unha vez creada a coreografía, será escenificada e gravada en vídeo polos compoñentes de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguintes recursos complementarios.
- Percusión corporal.
- Dramatización musical.
- Creación de xogos musicais.
- Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
- Emprego de escenografía e vestiario.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido.
Prácticas a través de TIC Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados).
Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Sesión maxistral Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/as.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes