Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Didáctica da expresión musical |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 | Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a disposición de integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados. É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos). A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 14 sesións. En casos excepcionais, poderá recuperarse algunha clase tras un previo consenso co profesorado. |
10 |
Traballos tutelados | A19 A54 A55 B1 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B24 B25 C3 C5 | No proceso de avaliación observaranse as seguintes normas: • No caso de que algúns grupos conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de sete integrantes. • O traballo escrito terá unha extensión entre 8 e 12 caras, segundo o modelo que proporcionarase a través do Moodle. • Cada presentación de vídeo terá unha duración entre 2 y 3 minutos de duración. • Tanto o traballo escrito como o vídeo, serán entregados a través da plataforma informática que se indique. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Orixinalidade. • Creatividade. • Utilidade práctica e viabilidade. • Adecuación ao currículo de Educación Primaria. • Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos. |
30 |
Sesión maxistral | A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 B23 C5 C7 | Realizaranse unha ou vaias probas escritas, a través de Moodle, que podería conter: 1. Preguntas de resposta breve. 2. Preguntas tipo test. 3. Preguntas abertas. 4. Exercicios prácticos. |
30 |
Proba mixta | A56 B1 B21 B22 B25 | Realizaranse as seguintes probas prácticas: 1. Dictado musical (30 %) 2. Expresión vocal (35 %) 3. Expresión instrumental (35 %) |
20 |
Prácticas a través de TIC | A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 C8 | Os exercicios teóricos, prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades: 1. Manexo de editores de partituras. 2. Manexo de editores de audio. 3. Deseño de exercicios de percusión corporal. 4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical 5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais. |
10 |
Observacións avaliación | |||
De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%: 1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou 1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha 2. Debido as súas características, os 3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta), 4. Considerando que o Obradoiro consiste na interpretación instrumental e vocal Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista. |
|