Portafolios do alumno |
A1 A5 A8 A17 A19 A37 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A52 A65 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B14 B15 B25 C1 C3 |
Memoria que dá conta das lecturas e distintas actividades realizadas nas aulas interactivas na que se teñen en conta a capacidade reflexiva e de síntese, o discurso correcto desde o punto de vista lingüístico, ademais da selección de fontes bibliográficas axeitadas e a creatividade, diversidade e innovación das propostas de animación lectora e doutras tarefas. |
40 |
Traballos tutelados |
A7 A10 A16 A49 A51 A64 B2 B10 B13 B23 B24 C2 C8 |
Realización en pequeno grupo de traballos titorizados guiados nos que se aplican os contidos, metodoloxías e recursos aprendidos na aulas. Constarán de parte escrita e presentación oral dos resultados. |
60 |
-Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas. -A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita con base nunha proba obxectiva e un traballo titorizado. O alumnado terá que contactar coa docente ao inicio de curso para concretar o tipo de traballo que deberá entregar para a súa avaliación. Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|