Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica Código 652G02029
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ferreira Boo, María del Carmen
Correo electrónico
m.fboo@udc.es
Profesorado
Ferreira Boo, María del Carmen
Correo electrónico
m.fboo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada a que o alumnado coñeza tanto os textos básicos da literatura infantil e xuvenil, coma as distintas formulacións didácticas que se poden aplicar a estes textos segundo os niveis e fases da educación primaria. O seu obxectivo fundamental será que o alumnado, futuros docentes, posúan os instrumentos suficientes para moverse neste terreo, sexa crítico coas propostas ofrecidas polo mercado e estea en disposición de encontrar os libros axeitados para a animación á lectura non ámbito escolar. Neste contexto a idea é que a LIX e a súa didáctica sexan o recurso educativo principal da área da linguaxe por: a) a súa capacidade de motivación, b) a relación que se establece nas súas formas e contidos entre o ámbito familiar e o escolar, c) o papel que desempeña na elaboración dunha cultura común (cos seus compañeiros e compañeiras) e propia (a lectura persoal motivada polas súas propias características), d) fomenta o desenvolvemento da competencia comunicativa, esencial na socialización escolar e xeral, e) facilita e amplía a adquisición do código escrito, esencial no proceso educativo, e f) proporciona as bases para descubrir e ampliar o acceso ao feito estético, tanto na literatura coma nas áreas asociadas (expresión corporal, musical e plástica).
Plan de continxencia Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través das plataformas Moodle e Microsoft Teams, introducindo as adaptacións que fosen necesarias nese ámbito. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se modifican as metodoloxías 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ao igual que en circunstancias normais, atenderase ao alumnado no horario de titorías, polos seguintes medios: - Correo electrónico: diariamente para facer consultas, solicitar encontros virtuais para solventar dúbidas e facer seguimento dos traballos titorizados. - Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado, facendo uso do foro temático ou de actividades específicas para desenvolver “discusións dirixidas”, a través das que poñer en práctica ou debater contidos teóricos e lecturas da materia. - Teams: durante as horas de titorías a docente estará conectada á plataforma Teams, para que o alumnado lle poida facer tantas consultas como sexan necesarias (ben por escrito, ben por videochamada) de forma individual ou grupal. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións, agás que se presentarán de forma virtual. *Observacións de avaliación: A supervisión das cualificacións co alumnado realizarase a través de TEAMS na data que se concretará unha vez postas as cualificacións provisionais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes