Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Diagnóstico pedagóxico Código 652G02039
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/my/
Descrición xeral A preocupación por avaliar e analizar a conduta humana atendendo a unhas ou outras variable foi unha constante ao longo da historia da humanidade, e permitiu configurar o diagnóstico como ciencia vinculada a diversos campos de coñecemento: medicina, psicoloxía, educación… En educación, o Diagnóstico Pedagóxico eríxese como disciplina que estudia ao neno/a en idade escolar e á súa contorna, mediante: (a) a identificación e valoración da das súas capacidades, comportamentos, actitudes e atributos persoais no contexto escolar; (b) a procura dunha explicación sobre as causas, alternativas e factores implicados na situación experimentada polo escolar; (c) a explicación das consecuencias sobre el/ela, mediante a síntese da información recollida a través das diversas técnicas; e (d) a especificación, con base neses resultados, dos recursos singulares que require para a atención ás súas necesidades específicas de apoio educativo planificando, cando sexa necesario, unha intervención adecuada para mellorar de forma satisfactoria esas accións, a personalidade e a madurez do/da neno/a e, en definitiva, actuar sobre o seu benestar escolar, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida individual. Por todo isto, nesta materia preténdese ofrecer unha aproximación teórico-práctica ao campo do diagnóstico pedagóxico, a través da cal o alumnado adquirirá as competencias básicas que lle permitan comprender os procesos de aprendizaxe no período 6-12 anos dentro e fóra da aula, as características do alumnado e os seus procesos motivacionais e sociais, así como identificar as dificultades de aprendizaxe dos seus estudantes, aplicar os seus coñecementos ás problemáticas que presentan os seus futuros/as alumnos/as na escola, empregar técnicas e instrumentos adecuados para a exploración e identificación diagnóstica, e realizar informes que permitan informar das necesidades detectadas e colaborar no proceso de valoración e posterior intervención, desde o seu ámbito de coñecemento. Nota importante: Esta materia será impartida en modalidade bilingüe. O proceso de ensinanza e aprendizaxe realizarase en dúas linguas vehiculares, inglés e castelán, garantíndose en todo momento que todo o alumnado sexa capar de seguir a materia adecuadamente e teña acceso a materiais didácticos equivalentes nas dúas linguas. O emprego de dúas linguas vehiculares nesta materia se formula co principio pedagóxico de andamiaxe para as metodoloxías de docencia en inglés de translanguaging ou code switching, é dicir, cambio de código. A docente poderá ampliar o emprego do inglés e reducir o de castelán progresivamente, segundo vexa a capacidade do alumnado de seguir adecuadamente a materia na lingua estranxeira. Na interacción na aula animarase ao alumnado a empregar a lingua estranxeira dentro das súas posibilidades. A competencia lingüística en lingua estranxeira do alumnado nunca será obxecto de avaliación nin terá ningún impacto na nota final que acade na materia. Na avaliación, o alumnado poderá ser avaliado na lingua vehicular que prefira.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: actividades iniciais, sesión maxistral, traballos tutelados, estudo de casos, discusión dirixida. *Metodoloxías docentes que se modifican: - Simulación: no canto de realizar una representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético na aula, os grupos serán emparexados con outros grupos para traballar os supostos entre eles e deberán realizar un informe dos resultados. Non haberá presentación oral do traballo, senón que se terá en conta, unicamente, o informe entregado na data que indique a docente. - Presentación oral: substitúese a modalidade de presentación oral presencial dos contidos por unha presentación elaborada por alumnado a través dun PPT con audio, ou dun vídeo elaborado cos recursos que a Universidade pon a disposición do alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) ou de calquera outra que a Universidade poña a disposición da comunidade universitaria, só no horario de clase e titorías. Non se atenderán dúbidas fóra de este horario (salvo excepcións). - Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado no horario de titorías. Non se atenderán correos que sexan enviados fóra deste horario. - Foro Campus Virtual: habilitarase un espazo no Campus Virtual para as dúbidas "xerais" e de cada un dos contidos da materia. 4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar nas datas previstas todas as actividades axendadas ao inicio do curso. No que respecta á proba mixta, no caso de non realizaren dous ou máis dos tests, deberá ir a proba final, prevista inicialmente para o alumnado non asistente, e cuxa data está fixada en Xunta de Facultade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes