Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica | Código | 652G02040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Periodica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Aprendizaxe colaborativa | Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Realizarase algunha actividade tipo encontro, conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer experiencias relacionadas co ámbito da materia. |
Saídas de campo | Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa cara á recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador. Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa. As saídas poderán ser a contornos naturais de interese xeográfico, exposicións, museos, xacementos e centros do patrimonio, e teranse en conta as posibilidades e oportunidade para a súa realización. |
Proba obxectiva | Ao ser unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual a cuestións traballadas. |
Obradoiro | Están concebidos como ensaios de experimentación de traballo por proxectos. Dado o carácter didáctico da materia, os obradoiros son de grande interese e son o núcleo central. Materialízanse en debates, exposicións, etc., deseñados e desenvolvidos polo alumnado guiado pola profesora. |
Sesión maxistral | As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema, cunha orientación didáctica principalmente. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico. |
|