A materia de “Tecnoloxías da información e a comunicación social” forma parte do plan de estudios do Grao en Educación Social no módulo de “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social” . Impártese no primeiro curso, é unha materia Básica de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudante.
Os seus descritores están asociados ao módulo “Educación, Tecnoloxía e Comunicación social”, no que se integra esta materia. Estes descritores son: fenda dixital, sociedade e educación; cibersociedade e redes educativo/sociais en Internet; comunidades virtuais-redes sociais: proxectos y propostas innovadoras; os medios de comunicación na sociedade da información; análise crítico de produtos mediáticos; audiencias e creación de significados; ferramentas e programas para a elaboración de contidos educativos colaborativos; comunicación, colaboración e cooperación de intercentros educativo/sociais na rede.
Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito da educación social, con capacidade para analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e integralas nos diferentes ámbitos socioeducativos tanto para o seu desenvolvemento profesional así como un elemento favorecedor da inclusión da diversidade que caracteriza a sociedade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da sociedade da información e da aplicación dos medios na acción socioeducativa para a integración das TIC nos ámbitos de traballo dos educadores sociais.
Esta materia forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Teams: para as sesións maxistrais, en grande grupo, e para as sesións interactivas, en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, para o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais e grupais (previamente concertadas a través do correo electrónico).
- Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas, desenvolver debates a través de foros e realizar probas.
- Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais.
4. Modificacións na avaliación
As probas realizaranse a través de Moodle. Empregarase Teams como ferramenta de apoio ao exame.
*Observacións de avaliación:
Sen observación
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías