Obxectivos: * Comprender o avellentamento e o proceso de envellecemento dentro do contexto social global. * Entender o envellecemento poboacional. Procesos e factores. * Coñecer as metáforas do envellecemento e a súa imaxe social. * Distinguir entre avellentamento clínico e social Acordos e desacordos. * Valorar axeitadamente o fenómeno da xubilación e os recursos de preparación para esta. * Coñecer e comprender as relacións familiares e interxeracionais no ámbito do avellentamento. * Afondar nas etapas do avellentamento e o posible incremento das carencias cos seus procesos de adaptación. Illamento e soidade. * Entender o estado da cuestión do binomio dependencia/autonomía. * Afondar nas políticas sociais dirixidas ás persoas maiores. Diferentes modelos. * Coñecer os servizos sociais en Xerontoloxía. Servizos primarios e especializados. * Estudo da planificación social na Xerontoloxía e o estudo de necesidades e demandas. Coñecer os modelos de programación, xestión e avaliación. * Afondar no estudo dun lecer activo cun tratamento especial do turismo social. * Coñecer os procesos da saúde e a calidade de vida co desenvolvemento de hábitos saudables e programas preventivos. *Estudo da problemática social e familiar dos maiores con dependencia. * Estudo da ética e lexislación no benestar social das persoas maiores. * Análise dos métodos e técnicas da ciencia sociolóxica para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre o avellentamento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Seminario
- Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais e os seminarios pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a resolución de dúbidas farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
- En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle.
*Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado.
- En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías