Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Análise de Supervivencia e Probas Diagnósticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A1 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C8 Cuestionarios de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas co propósito de controlar a evolución na materia 30
Solución de problemas A1 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C8 C3 Plantexarase a resolución de situacións prácticas concretas, que deberán resolverse a partir dos coñecementos traballados na materia 30
Traballos tutelados A1 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C8 Aplicación de diversas técnicas estatísticas a casos prácticos. 40
 
Observacións avaliación

Sistema de avaliación

A materia estrutúrase en dous bloques independentes, Bloque 1 (que corresponde ao Tema 1. Análise de Supervivencia) e Bloque 2 (correspondente ao Tema 2. Probas diagnósticas).  Os bloques son independentes, de maneira que a nota dun deles non afecta á nota do outro. 

Para aprobar a materia é preciso superar, de maneira independente, cada un dos dous bloques. Nese caso, a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques. No caso de non ter superado algún dos bloques, a cualificación final será o mínimo entre a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques e a nota 4.5

Para obter a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a non poderá ter participado en ningunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas. 

No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores. 

Bloque I (Tema 1. Análise de Supervivencia):

A puntuación máxima total deste primeiro bloque será de 6.5 puntos (sobre 10). Constará de dúas partes:

  • Unha parte de avaliación continua (2.5 puntos sobre 10). A cualificación obterase dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios entregados (solución de problemas, proba de resposta múltiple), de forma individual.
  • Un traballo (4 puntos sobre 10) consistente na resolución dun caso práctico, que pode ser realizado de forma individual ou en grupos de dous ou tres membros. 

Bloque II (Tema 2. Probas diagnósticas).  

A puntuación máxima total deste segundo bloque será de 3.5 puntos. Constará de dúas partes:

  • Unha parte de avaliación continua (1.75 puntos sobre 10). A cualificación obterase da resolución dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios prácticos propostos (solución de problemas), relacionados cos contidos deste bloque, que deberán ser resoltos individualmente.
  • Unha proba obxectiva de resposta múltiple (1.75 sobre 10), realizada de forma online, en relación cos contidos desenvolvidos nesta bloque da materia.
O sistema de avaliación descrito é aplicable tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.

Convocatoria adiantada

Os
criterios son os establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e
reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado
universitario", artigo 19. 

Matrícula de honra

Poderán
optar á matrícula de honra os alumnos cuxa media supere o 9. As
profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos
resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas
programadas na guía docente.

Fraude

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación aplicarase a normativa
vixente nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e no Estatuto do Estudantado da UDC


Todas as observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes