Matrícula a tempo parcial Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado
de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do
4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula
a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de
carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no
artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao
proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos
diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a
concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da
valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional,
tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. |