1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e
cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do
Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se
realicen nesta materia:
a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte
informático.
b.- De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Utilizarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de
realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán
notificados ao alumnado coa suficiente antelación.
3.- A docente responsable da materia aplicará a
correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera
tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus
traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente cualificación de suspenso '0' na materia, na
oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria. 4.- Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando as diversas opinións sobre aos temas tratados, tanto da parte do profesorado coma do estudanado. |