Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Rodríguez Sotillo, Antonio
Correo electrónico
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
Nesta materia proporciónanse as bases científicas da Neurorrehabilitación asi como os coñecementos das principais patoloxías en Neurorrehabilitación. Ademais, trátanse os métodos de avaliación e as novas tecnoloxías aplicadas á Neurorrehabilitación. Ademais abórdanse aspectos novos como a investigación nas terapias neurorreparadoras e a Rehabilitación domiciliaria.
Plan de continxencia
1.-A docencia da materia durante o curso 2021-2022 realizarase de maneira semipresencial na súa totalidade (12 horas presenciais e 9 horas virtuais por TEAMS). O número habitual do alumnado do máster permitirá gardar as normas de seguridade recomendadas polo centro e pola UDC) sempre que as condicións derivadas da pandemia covid-19 permitan realizar a presencialidade na aula 9 do Edificio Universitario de Oza.
2.-En caso de que polas condicións derivadas da pandemia COVID-19, a docencia presencial non sexa posíbel, a docencia impartirase totalmente de forma virtual por TEAMS.
1.-Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións dos contidos
2.-Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Sesión maxistral (computa na avaliación mediante a asistencia)
-Seminarios (computa na avaliación mediante a asistencia)
-Prácticas clínicas (computa na avaliación mediante a asistencia)
- Traballo tutelado (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican:
-Non aplica
3.-Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas ou solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
-Moodle: Diariamente. Segundo a necesidad do alumnado. Incorporarasen documentos con material para facer seguimento das sesions maxistrales e outros documentos de consulta. Ademais disporase de foros temáticos asociados aos módulos da materia para facer as consultas necesarias.
-Teams: sesións a demanda dos alumnos (previa cita por correo electrónico) para facer as consultas necesarias da materia
4. Modificacións na avaliación
1.- Asistencia (20%): valorarase a asistencia a sesións maxistrais, seminarios
2.-Avaliación continua (20%): valorarase a participación do alumno na dinámica das clases e nos seminarios
3.- Traballo tutelado baixo a dirección do profesor responsable: 60%
*Observacións de avaliación:
-Na avaliación da asistencias para poder terse en conta será obrigatorio a asistencia ó 75% das sesión, seminarios e prácticas clínicas.
-Para poder superar a asignatura o alumno deberá presentar un traballo tutelado baixo a dirección do profesor responsable.
Para aqueles alumnos que non acudan en presenza obrigatoria ao 75 % das horas presenciais, realizarase un exame final e único sobre os contidos teóricos e prácticos de tipo oral ou escrito de preguntas largas, curtas ou intermedias e/ou preguntas tipo test.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Non se realizaran cambios. Disporán ademais de material teórico e práctico dixitalizado en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías