Para aprobar a asignatura deberase obter como mínmo 5 puntos da suma de traballos de clase (ata 30%) , traballo tutelado de obrigada exposición oral na aula (ata 30%) e as probas realizadas (ata 40%). en caso de non chegar ao 5, poderán presentarse ao exame final da materia
Os estudantes con dispensa académica serán avaliados do
seguinte xeito:
- Proba obxectiva: exame oral ou escrito, con preguntas e /
ou comentarios de texto de toda a materia
É necesario obter polo menos 3 para facer media coas outras notas. A
súa nota será ata o 70%
- Traballo de profundización nunha materia relacionada co programa
da materia. O traballo da materia será previamente acordado co profesor. É
obrigatorio presentalo na clase. A non presentación do alumno o día da
exposición sen causa xustificada suporá unha penalización coa perda de 2
puntos, a súa nota será ata o 30%.
No
caso de estudantes que, tras un informe da Unidade de Atención á Diversidade,
teñan que ter condicións especiais de avaliación, seguiranse as pautas
recomendadas polo dito Servizo
A convocatoria de xullo estará sometida ás mesmas normas