Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinador
Ramos Montes, Oscar
E-mail
oscar.ramos@udc.es
Lecturers
Ramos Montes, Oscar
E-mail
oscar.ramos@udc.es
Web
General description
A finalidade desta materia é adquirir as competencias xenéricas en Tecnoloxías da Información e a Comunicación para traballar e estudar en rede. Así mesmo, poranse en práctica estratexias de aprendizaxe, de traballo e de estudo nunha contorna virtual a partir da adquisición dunha serie de habilidades co uso das TIC.
Contingency plan
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral (en formato seminario ou titoría)
- Traballos tutelados
- Prácticas a través das TIC
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba obxectiva (non se realizará, xa que a avaliación destes coñecementos incorpóranse ás metodoloxías dos “Traballos tutelados” e "Prácticas a través das TIC")
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo as necesidades do alumnado. Dispoñen de “foros de FAQS temáticos" asociados aos módulos para formular e dar respostas ás consultas necesarias.
- Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados ca duración e na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Traballos tutelados (40%)
- Prácticas a través das TIC (60%)
Os criterios de avaliación de cada traballo ou práctica estarán dispoñibles na plataforma Moodle.
*Observacións de avaliación:
Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:
- Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase: Traballos tutelados e prácticas. Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase. A cualificación final da materia obterase da ponderación dos traballos tutelados (40%) e prácticas a través de TIC (60%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida. Así mesmo, o alumno quedará liberado na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) das partes aprobadas na 1ª oportunidade.
- Opción B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): adóptanse as mesmas condicións que na opción A.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Disponse de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.