Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Durante o curso, estableceranse diferentes exercicios que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo sobre un caso ou tema aprobado pola profesora co que se relacionarán os temas aprendidos ao longo da materia (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización). Na avaliación continua terase en conta igualmente todos os traballos realizados durante o curso -como comentarios, exercicios ou procuras propostas pola profesora, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas, etc, sempre explicando a súa conexión coa materia- así como a asistencia. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Proba que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
60
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é unha obriga. Só se permite faltar, como máximo, o 25% das horas de clase. Aqueles alumnos que falten máis dese 25%, sempre por causa ustificada aceptada polas normas da UDC, poderán sumarse á avaliación arriba citada, acordando coa profesora as datas de exposición que lles convengan e buscando alternativas ao traballo en grupo se esas causas xustificadas impídenlle realizalo.

 Aquelas persoas que superen ese 25% de faltas e non podan xustificalo, deberán entregar os traballos igualmente e aprobalos, pero non computarán na nota final. A calificación obterase a través dunha proba escrita na que se avaliará o 100% da materia.

Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.

A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia

O alumnado con dispensa académica seguirá as pautas marcadas para o alumnado a distancia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes