Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación Turística e Transporte II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A5 A6 A11 A14 A18 A22 A24 A33 A34 A35 B3 B5 B6 B7 C1 C5 C7 C8 O alumnado poderá escoller entre realizar a actividade de aprendizaxe servizo ou un traballo tutelado 30
Traballos tutelados A11 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C6 Realización dun traballo tutelado relacionado cos bloques de contidos da materia.
25
Presentación oral A13 A33 B4 C1 Presentación oral do traballos tutelado ou da actividade de aprendizaxe servizo 10
Proba mixta A12 A22 A24 B3 B4 C1 Realización dunha proba tipo test que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. 30
Prácticas clínicas A6 A12 A13 A14 A18 A22 A34 B7 B3 C3 O alumnado deberá superar satisfactoriamente un período de formación práctica de 160 horas nunha empresa de Intermediación Turística. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou do terceiro de maneira indistinta. 5
 
Observacións avaliación

Os estudantes elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación
continua ou non continua. No caso de que o estudante elixa a avaliación
non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota
final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua:
    como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (30%),
    contidos dos traballos tutelados coa correspondente defensa oral (65%) ou opción de traballo tutelado (25%), actividade de aprendizaxe servizo (30%) e defensa oral (10%) e prácticas clínicas (5%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou
    superior a 5 puntos para facer media co resto. En caso de que o alumnado con avaliación continua non puidese realizar as Prácticas Clínicas por causas non imputables a el, o peso da avaliación recaerá no examen, é dicir, o exame terá un peso do 35%. 
  • Avaliación non continua 
  • Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria: Para o alumnado que non asista/participe nas actividades da clase (estudantes que non acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) ou non entreguen algún dos traballos tutelados ou non chegue ao mínimo esixido neles ou non realice (por causa imputable a el) ou non supere satisfactoriamente as prácticas clínicas terá un exame final (100%). O exame final ten que ter unha nota igual ou
    superior a 5 puntos. Os estudantes con avaliación non continua non se
    poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua. Para o alumnado de avaliación non continua o exame incluirá unha proba mixta (con preguntas pechadas, de verdadeiro ou falso e preguntas curtas e un apartado de preguntas de desenvolvemento). 
  • Segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por Proba Obxectiva única (100%), caso de non realizar (por causa imputable ao alumnado) ou non superar satisfactoriamente as Prácticas Clínicas, é dicir, que para superar a materia, precisará obter 5 puntos sobre 10 na proba. Se realizou e superou as Prácticas Clínicas no presente ou precedentes cursos, o peso da Proba Obxectiva será do 95% (9,5 puntos sobre 10) e o das Prácticas Clínicas un 5% (0,5 puntos sobre 10), debendo obterse no conxunto das partes (20% e 80%) unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. 

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula. 

Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes