Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo Código 662G01024
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web
Descrición xeral Proporcionar ao alumno/a os coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo, o método a seguir, as técnicas a empregar, as fontes de datos e a forma de redacción. A materia divídese en varias partes, tendo como obxectivo xeneral aprender a realizar tanto un traballo de investigación coma un informe para unha empresa, institución ou organización turística.
Plan de continxencia No caso dun novo confinamento: 1. Modificacións nos contidos Non se realizaran cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Entregaránse todos os traballos demandados por cada tema impartido. A entrega dos mesmos será a través de Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican As clases e atención de dúbidas sobre os temas impartidos fanse a través de Teams. As titorías de traballos fanse a través dun foro en Moodle e Teams, para o envío dos avances nos traballos de grupo se usará Moodle. As exposicións de traballos grupais fanse a través de Teams, para o cal facilítarase máis tempo entre grupos e máis días para as mesmas. Solicítase o envío da presentación do grupo a través da plataforma Moodle, antes da exposición. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A través de Teams, Moodle e enderezo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Práctica: 60% Teoría: 40% (a través dunha proba/exame) *Observacións de avaliación: Para o alumnado que non houbese seguido a avaliación continua desde o inicio do curso, estará obrigado a entregar todas as tarefas requiridas ao longo do curso nas datas que se indiquen, antes da data de peche da acta de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes