Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A13 A33 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.

50
Traballos tutelados A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas técnicas de investigación no sector turístico. No devandito traballo o alumno/a ou grupo terá que planificar/deseñar as técnicas de investigación máis axeitadas á situación social e obxectivos empresariais/institucionais seleccionados relacionados có sector. O traballo da observación participante e do análise de contido está suxeto a exposición oral.
O devandito traballo forma parte da avaliación final.

40
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O analise de fontes documentais (estudos publicados en revistas científicas sobre o sector turístico que serán facilitados ao longo do cuadrimestre) traballarase durante os seminarios para a súa posterior avaliación de forma individual. Forma parte da avaliación final.

10
 
Observacións avaliación

Os traballos tutelados e análise de fontes documentais son traballos
obrigatorios para a avaliación e o alumno/a terá que obter un mínimo
dun (5) para facer media co exame.

1ª Oportunidade: a parte práctica ten un valor dun 50%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 50%. 

2ª Oportunidade: gárdase a nota da parte práctica de traballos obrigatorios feitos, no caso de ter mínimo un 5 na mesma, durante o curso. No caso de ser N.P. ou suspenso o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica (en caso de estar aprobada) gardarase só para o inmediato curso seguinte e oportunidade adiantada.

O alumno/a obtendrá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que presentase traballos durante o curso (independentemente da oportunidade).

Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas ou enfermidade, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente,
poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes