Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Galicia Como Destino Turístico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A8 A18 A23 A25 A27 A28 B5 B7 As saídas de campo son de carácter obrigatorio e, en ocasións, requerirán preparación por parte do alumnado, segundo as indicacións dos profesores 10
Traballos tutelados A13 A18 A23 A25 A27 B1 B4 B6 C1 C3 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Elexirase entre esta metodoloxía e a de aprendizaxe-servizo, como se explica no partado referido a ela. (abaixo)
15
Proba mixta A18 A23 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C4 Trátase dunha proba que pode combinar as preguntas discriminatorias, coas de desenvolvemento de temas. 60
Aprendizaxe servizo A8 A13 A18 A28 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C6 C7 C8 Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Proporase ao alumnado matriculado, a participación nunha actividade de aprendizaxe-servizo coa Universidade Senior. Este deberá elexir entre esta actividade ou o traballo tutelado. É dicir, ambas actividades son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas.
15
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria. De xeito esporádico pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia.

Ás persoas que, por unha causa xustificada, non podan asistir o día indicado para a súa presentación oral terán que acordar coa profesora outra data. As saídas de campo, conferencias ou otras actividades son unha obriga e poderán requirir a presentación dunha reseña, que servirá como demostración da asistencia. 
As persoas que participen no proxecto de aprendizaxe-servizo  non poderán  cambiar de modalidade unha vez decidida a participación.

-Todas as partes teñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final.  O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 

 As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia :

  -  Seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberán realizar dous traballos propostos pola profesora (en lugar de un). Ademais, deberá porse en contacto con ela para  realizar alomenos dos titorías on line ao longo do cuadrimestre. 


En todas as modalidades, a detección de plaxio ou calquera evidencia de falsedade serán penalizadas co  suspenso na materia ata a seguinte oportunidade ou convocatoria.

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. 
Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes