Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
Profesorado
Rodriguez Luaces, Miguel
Seco Naveiras, Diego
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
diego.seco@udc.es
Web
Descrición xeral
A formidable expansión, acontecida nos últimos anos, do uso de Internet en xeral, e das tecnoloxías web en particular, ven de revolucionar o xeito en que temos acceso á información que precisamos. A web simplificou enormemente o acceso a inxentes cantidades de dados desde calquera punto do planeta; mais complicou tamén a asimilación e selección da información que se necesita de entre toda a disponíbel.
O obxectivo fundamental desta asignatura é o de dotar aos estudiantes coa capacidade de deseñar recursos de información facendo uso das tecnoloxías web, cunha axeitada organización da información que permita a adecuación dos recursos ás necesidades dos usuarios.
Con esa fin, serán proporcionados aos estudiantes os fundamentos tecnolóxicos necesarios para coñecer as capacidades proporcionadas polas tecnoloxías web, e dotalos ao tempo dunha certa independencia no seu manexo. E serán analizadas arquitecturas, técnicas e recomendacións de deseño, organización e presentación de sitios web, facendo especial énfase no concepto de usabilidade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas a través de TIC
- Traballos tutelados
* Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral. Mantense a metodoloxía e se realizará mediante Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico. Atención continua para resolver dúbidas e facer o seguimento do avance.
– Teams. Realización de sesións de resolución de dúbidas do alumnado baixo demanda.
– Moodle. Utilizarase para enviar mensaxes de difusión ao alumnado e para resolver dúbidas en grupo a través dos foros de discusión.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica a avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica a bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías