Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda Código 710G03004
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia presenta unha descrición xeral do funcionamento das empresas e, en particular, das empresas de moda. Para iso, o curso comeza coa presentación dos obxectivos e funcións das empresas e do ámbito empresarial no que as empresas de moda desenvolven a súa actividade. Posteriormente, esta materia céntrase no funcionamento dos diferentes subsistemas (subsistema de administración ou xestión, operacións ou produción, comercial e financeiro) que forman parte das empresas. Esta materia ten un carácter introdutorio e, xa que logo, diferentes materias nos cursos sucesivos ampliarán as cuestións relacionadas coa xestión empresarial que se abordarán ao longo deste curso.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Saída de campo (non se realizará e, como estaba previsto inicialmente na guía docente, non computará na avaliación). En calquera caso, aínda non aplicando o plan de continxencia, a realización desta actividade estará condicionada pola evolución das condicións sanitarias. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Campus virtual: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. O alumnado disporá de dous foros nos que poderá participar: un foro de aprendizaxe, encamiñado a poñer en común dúbidas; e un foro para a proposta e debate de temas de interese sobre a materia. Ademais, disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo a súa necesidade. - Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación - Mantense o sistema de avaliación indicado na guía docente, dado que as metodoloxías obxecto da avaliación pasarían a realizarse de forma non presencial. *Observacións de avaliación: - As indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materias de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) de forma dixitalizada en Moodle. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes