Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 Exame final da materia. 30
Proba práctica A9 A13 B3 C3 C7 C8 C9 Proba práctica usando Excel e / ou QGIS. 30
Sesión maxistral A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Asistencia e participación activa nas clases. 3
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Avaliación do traballo en grupo (70% memoria e 30% presentación oral). 25
Prácticas a través de TIC A13 A9 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C9 Asistencia a clases e entrega de casos propostos. 12
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade



Os
criterios de avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que en
primeira. O alumno terá unha segunda oportunidade para realizar a proba mixta e
a proba práctica. Se a cualificación do alumno en primeira oportunidade
nalgunha das dúas probas é superior a 4, non será necesario que repita a proba
e daráselle a opción de conservar a nota obtida previamente.

Convocatoria adiantada.



Se
houbese alumnado que quixese presentarse á convocatoria adiantada de decembro
(Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario"), o alumnado que se presente a
esta convocatoria deberá realizar a proba mixta (35% da nota), a proba práctica
(40% da nota), e o traballo tutelado (25% da nota).O traballo de curso deberá
realizarse de forma individual.



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica, incluso se a nota media das actividades fora
maior a 5 (nese caso a nota será de SUSPENSO 4,5).

Cualificación “non presentado”



Asignarase
a cualificación "Non Presentado" ás persoas que non se presenten ao
exame final (proba práctica e proba mixta) en primeira oportunidade, segunda
oportunidade ou convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia



O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá comunicar ao comezo do curso a súa situación
ao profesorado da materia, para así poder establecer un plan e calendario de
traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (33%), proba
práctica (30%), traballos tutelados (25%) e prácticas a través de TIC (12%). O
traballo tutelado deberá realizarse en grupo.

Nota mínima



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica, incluso se a nota media das actividades fora
maior a 5 (nese caso a nota será de SUSPENSO 4,5).

Información adicional.



O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación
supoñerá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final. Está
prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes