Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Innovación Industrial en Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contenido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeiras sesións de clase.
Proba mixta Exame final sobre o contido teórico da materia, que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
Proba práctica Exame final sobre o contido práctico da materia.
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo e poderán incluir presentacións, debates ou sesións de discusión dirixida.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Prácticas a través de TIC Resolución de problemas de natureza teórica e práctica
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes