Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica da Empresa de Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dirección Estratéxica da Empresa de Moda Código 710G03030
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Mato Santiso, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
Profesorado
Mato Santiso, Vanessa
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral Para ser eficaz, a xestión estratéxica require coñecer os factores que determinan o desempeño dunha empresa e ser capaces de identificar os cambios (internos e externos) que poden afectar ao seu desempeño futuro. Nesta materia traballarase un marco dinámico de xestión estratéxica, explorando unha ampla gama de problemas estratéxicos relacionados co sector da moda, centrándose especialmente nas fontes de vantaxe competitiva e internacionalización.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizan modificacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Campus virtual: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. Ademáis, o alumnado disporá dun foro específico para formular dúbidas e preguntas relacionadas coa materia. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo as súas necesidades. - Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas síncronas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación - Mantense o sistema de avaliación indicado na guía docente, xa que as metodoloxías obxecto de avaliación pasarían a realizarse de xeito non presencial. *Observacións de avaliación: - As indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materiais de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) en formato dixital no campus virtual. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes