Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica da Empresa de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Lecturas Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula.
Presentación oral Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito.
Proba mixta Exame final sobre os contidos teóricos da materia que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeras sesións de clase.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes