Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Negocio Dixital da Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Negocio Dixital da Moda Código 710G03031
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Mato Santiso, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
Profesorado
Mato Santiso, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é ensinar ao estudantado as características básicas e o funcionamento dun negocio dixital no sector da moda, as oportunidades do comercio electrónico, as infraestruturas e as tecnoloxías no negocio dixital, os factores chave dun contorno dixital, as principais estratexias, os efectos de dixitalización na cadea de subministración do sector da moda, etc. Ademais, estudarase o mercado da moda dixital, así como a xestión adecuada da transformación dun negocio físico a un negocio dixital.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizan modificacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Campus virtual: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. - Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas síncronas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado. 4. Modificacións na avaliación - Mantense o sistema de avaliación indicado na guía docente, xa que as metodoloxías obxecto de avaliación pasarían a realizarse de xeito non presencial. *Observacións de avaliación: - As indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materiais de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) en formato dixital no campus virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes