Neste curso, o estudante capacitarase para elaborar plans de negocio no sector da moda. Terán que manexar algúns coñecementos sobre planificación estratéxica e financeira para analizar a contorna, establecer a misión, a visión e os valores, avaliar as habilidades e os recursos internos, así como para tomar decisións operativas e financeiras.
Trátase dun curso orientado á práctica que implementa unha metodoloxía de ensino dinámico baseada en talleres e estudo de casos. Os estudantes deberán elaborar un plan de negocio que inclúa a súa viabilidade e rendibilidade. Os resultados do traballo dos estudantes serán un informe escrito e unha presentación. Estes resultados darán lugar á cualificación final.
O docente encargado da materia conta cunha longa experiencia tanto académica como profesional. Exerce a docencia na UDC desde 1991. Pertenceu a diferentes consellos de administracións en empresas de diferentes sectores e tivo responsabilidades de xestión na UDC e na Xunta de Galicia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificación nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as previstas no plan inicial pero desenvolveranse online.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as previstas no plan inicial pero desenvolveanse online.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Desenvólvense online.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación continua desenvolverase online.
*Observacións de avaliación:
Se for posible, o exame final sería presencial. Se non, faríase online.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías