Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes e de avaliación que se manteñen:
-As sesións maxistrais mantéñense por videoconferencia, no seu horario oficial, primando a aprendizaxe activa e participativa.
-O portafolios do alumno mantense, os/as alumnos/as entregarán a través do Campus Virtual, periodicamente e no prazo estipulado, distintas actividades para o seguimento dos coñecementos adquiridos (cualificación: 50%). Estas actividades forman parte do traballo autónomo do alumnado, pero todas elas serán debatidas e correxidas conxuntamente entre a profesora e o alumnado nas clases por videoconferencia.
-A proba mixta mantense, os/as alumnos/as traballarán de forma periódica en cuestionarios de avaliación (con preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación) sobre cada un dos temas analizados nas clases, que deberán completar a través de Forms e nun tempo establecido (cualificación: 50%). O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba.
*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
3.1. Docencia virtual: Teams
3.2. Contidos teóricos e prácticos da materia: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual
3.3. Entrega e corrección de actividades: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual
3.4. Cuestionarios de avaliación: Forms con enlace no Campus Virtual
3.5. Titorías: Teams, Campus Virtual e correo electrónico da UDC
4. Modificacións na avaliación: ningunha.
*Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa. Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. O alumnado que non entregue ou no supere o portafolios completo e todos os cuestionarios, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono en liña nos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%), non podendo utilizar ningún material adicional (esta proba será supervisada por videoconferencia, a través de Teams).
Os alumnos e alumnas que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao profesorado da materia tal circunstancia, ofrecendo unha motivación con suficiente antelación.
A realización fraudulenta do cuestionario ou do traballo implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha. |