Coñecemento dos principais conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da Análise de contido e as súas operacións (indización, clasificación e resumo). Coñecemento, uso, creación e mantemento dos principais tipoloxías de linguaxes documentais, controlados y libres. Prácticas considerando diferentes tipoloxías documentais e ferramentas dixitais.
Plan de continxencia
1- Modificacións nos contidos:
Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de maneira máis simplificada e/ou a través de tarefas prácticas.
2- Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se modifican:
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona en liña, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
- Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de noticias de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade en liña para consultas e seguimento do alumnado.
3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams..
4- Modificacións na avaliación:
Non hai cambios nas porcentaxes nin nos criterios de valoración.
Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.
5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
O material preciso para preparar a materia (apuntamentos, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) colgaranse na plataforma moodle ou se dará acceso a eles a través de ligazóns da internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías