O obxectivo da materia é achegarlle ao alumnado as destrezas e coñecementos básicos de gramática latina que lle permitan comprender a documentación escrita en latín presente en arquivos e bibliotecas, que constitúe unha parte fundamental do fondo antigo. A comprensión correcta deses documentos é importante para que poidan ser correctamente descritos e para comprender os elementos relevantes na elaboración de metadatos. Farase tamén unha pequena introducción ás características morfolóxicas dos formatos de libro que conforman o fondo antigo, ao léxico específico e aos recursos básicos que se empregan na descrición deses materiais (nomes de impresores e editores, topónimos, etc.).
A materia ten un enfoque basicamente práctico, salientando o traballo práctico con textos e documentos pertencentes ao fondo antigo de arquivos e bibliotecas, así como coas súas réplicas nos repositorios e bibliotecas dixitais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas (computan na avaliación)
Traballos tutelados (computan na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral (substituída polo uso da plataforma de teleformación e por sesións síncronas a través de Teams).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moddle: achegaranse materiais cada semana e utilizarase o foro de novas para comunicacións varias.
Teams: sesións síncronas durante o período en que se imparte a materia.
Titoría virtual: Atención permanente polo correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición os materiais dixitalizados en mooddle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías