Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B8 B9 C6 Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. 59
Traballos tutelados A10 B21 B19 B17 B13 B11 B9 B8 B4 B3 B2 B1 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 Entrega e defensa de traballos de carácter obligatorio 41
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIONS XERAIS

  • DISPENSA ACADÉMICA: De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica nesta materia.
  • MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes que desexen optar a matrícula
    deberán cumprir os seguintes requisitos:
a.-Obter unha nota media superior a 9 na cualificación
final da materia.  
b.-Obter al menos un 8,5 sobre 10 en cada módulo. 
c.-Remitir as actividades de avaliación continua, que
se expoñan na materia. 
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos
profesores da materia. 
  • OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE
    ADIANTADA examinarase por escrito a
    través dun único exame que se corresponderá coas
    datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
  • FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: Segundo o establecido na
    normativa da UDC:
  1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores
responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade
ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non
permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros,
a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á
expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta
cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións
documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa
cualificación da falta cometida polo alumno infractor.
2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con
instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente
autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de
expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao
centro.
3.-A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de
suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da
súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.


ESTRUTURA DA MATERIA

A materia está dividida en dous módulos, claramente diferenciados.

MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAÚDE* (65% da cualificación final da materia):

A avaliación (sobre un 100%) repartirase da seguinte forma

  • 60% (Probas obxetivas)
  • 40% (Traballos Tutelados)

Para poder aprobar esta parte da materia será requisito indispensable
cumprir coas seguintes premisas:

  • Realizar, tanto na primeira como na segunda oportunidade, o 100% de
    cada unha das metodoloxías establecidas: proba de ensaio e traballos
    tutelados.
  • Lograr polo menos, a metade da puntuación establecida como máxima, en
    cada unha das seguintes metodoloxías que computan na avaliación: proba de
    ensaio e traballos tutelados.
  • MATRICULA PARCIAL: Os alumnos deberán comunícalo ós profesores da
    materia durante as 2 primeiras semanas do curso. Os alumnos deberán
    evaluarse tanto da proba obxetiva como dos traballos tutelados.

MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DÁ SAUDE (35% da cualificación final):

0 35% correspondente a este módulo, distribuirase da seguinte forma:

  • 20% (Probas obxetivas)
  • 15% (traballos tutelados)
  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación que
    aparece reflectida é a PROGRAMADA para todos os alumnos con
    MATRÍCULA COMÚN, que se presenten á primeira oportunidade.
  • SEGUNDA OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que
    se estableceron para a primeira oportunidade. 
  • MATRICULA PARCIAL: Os alumnos de MATRICULA PARCIAL deberán comunícalo
    ós profesores da materia durante as 2 primeiras semanas do curso. Os
    alumnos poderanse examinar por escrito en primeira e
    segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá
    coas datas oficiais aprobadas en Xunta
    de Facultade, onde se aplicarán
    as porcentaxes relativas a cada parte do contido da
    materia. Ofrecerase a posibilidade de realizar
    os traballos tutelados de maneira individual. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes