Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Enfermaría Clínica I Código 750G01034
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Freijomil Vázquez, Carla
Correo electrónico
carla.freijomil@udc.es
Profesorado
Freijomil Vázquez, Carla
Correo electrónico
carla.freijomil@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Esta materia trata de iniciar ao estudante nos principios básicos e xerais da profesión utilizando o paradigma enfermeiro como base conceptual, considerando á persoa, familia e comunidade como elementos principais para a aplicación dos coidados enfermeiros apoiando-se en modelos e teorías de enfermaría.
Plan de continxencia A docencia será presencial. No caso de que algún/algunha estudante (ou grupo de estudantes) se encontre confinado/a por COVID-19 ou contacto estreito, terá que conectarse de forma síncrona a través da plataforma TEAMS á clase presencial e remitir os traballos propostos a través da plataforma moodle. No caso de que algún/algunha alumno/a (ou grupo de alumnos/as) se encontre confinado/a por COVID-19 ou contacto estreito o día marcado para a avaliación presencial, terá que remitir os informes que o avalen, e se acordará unha data de avaliación entre a docente e o/a estudante unha vez finalizado o illamento. No caso dunha nova situación de pandemia que provoque o peche das actividades presenciais levaranse a cabo as seguintes medidas: 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican: Realizarase de maneira virtual a totalidade das sesións maxistrais, seminarios e probas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación. 4. Modificacións na avaliación: Ningunha. *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes