Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Podoloxía Deportiva Código 750G02025
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O obxectivo xeral da materia é a formación do futuro profesional da podoloxía na aplicación da ciencia podológica ao campo da medicina/podoloxía deportiva, a través do estudo tanto das características xerais da práctica do deporte e o perfil dos e as deportistas, como dos principais factores de risco asociados á realización de exercicio físico e/ou a práctica de deporte, e a súa relación coa aparición de afeccións agudas ou crónicas do membro inferior, especialmente no complexo anatómico nocello-pé. A materia contempla a adaptación e aplicación dos tratamentos dos diferentes campos terapéuticos podológicos ás devanditas afeccións, abordando de forma integral tanto o seu tratamento como a súa prevención. Os principais contidos que se desenvolverán na materia son: Fundamentos de podoloxía deportiva. Exercicio físico e deporte. Superficies. Epidemiología das lesións deportivas do membro inferior. Análise podológico. Lesións do membro inferior asociadas á práctica deportiva (óseas, músculo- tendinosas, ligamentosas, neurolóxicas e dérmicas). Prevención das lesións asociadas á práctica deportiva. Estudo podológico do calzado deportivo.
Plan de continxencia As presentes medidas de plan de continxencia recollen liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19 e a promulgación de decretos e normativas que podan afectar a o normal desenvolvemento da asignatura. ALUMNADO EN CONFINAMIENTO / CUARENTENA Os alumnos/as en confinamiento/cuarentena por positivo en COVID19 ou contacto estreito deberán seguir as medidas previstas por sanidade e a normativa da UDC. Durante este periodo poderán participar nas actividades de metodoloxía presencial non práctica por vía telemática. As ausencias ás prácticas recuperaranse, na medida do posible, seguindo as directrices das normativas da facultade e a UDC
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes