Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeos, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario. Facilitarase ao alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia antes de cada sesión, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado no Campus Virtual da UDC. Para que as sesións presenciais teñan un carácter máis interactivo, é imprescindible a lectura dos contidos teóricos.

As sesións presenciais se desenvolverán con asentos preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/. No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática.
Prácticas clínicas Estas prácticas teñen carácter clínico e realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista con pacientes, e incidirase na aplicación de técnicas de exploración e análise biomecánico do xesto deportivo, probas de diagnóstico e aplicación de tratamentos adaptados ao paciente deportista
Seminario Os seminarios consistirán no estudo de temas concretos relacionados cos contidos da materia, nos que se traballarán tanto competencias específicas como transversais (procura bibliográfica, fomento dun segundo idioma, entre elas), mediante a planificación de diferentes actividades de traballo fundamentalmente en grupo, as cales incluirán actividades como a resolución de casos clínicos relacionados coa actividade física e o deporte, utilizando metodoloxías de traballo colaborativo. Os seminarios tamén poden incluír outras actividades como debates e mesas redondas ou traballo práctico clínico de contidos relacionados coa exploración, diagnóstico ou tratamento podolóxico dos e das deportistas.

As sesións presenciais seguirán as mesmas condicións que para a sesión maxistral
Proba mixta Proba mixta que consistirá nunha combinación de preguntas de resposta obxectiva (test) e preguntas de resposta aberta sobre cuestións específicas da materia, entre as cales se poderá incluír resolución de casos clínicos. Esta proba está orientada á demostración por parte do alumnado da adquisición dos coñecementos teóricos básicos expostos e debatidos nas sesións maxistrais e os seminarios, e que compoñen os contidos do temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes