Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Traballo de fin de grao
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Traballo de fin de grao Código 750G02036
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Proxecto ou Traballo de Fin de Grao consta de 6 ECTS que se realizará no 2º cuadrimestre de 4º curso. Por tanto, os estudos de Grao de Podoloxía concluirán coa elaboración e defensa do Proxecto ou Traballo de Fin de Grao que estará orientado á avaliación das competencias asociadas ó título, tal como prevé o RD 1393/2007 e a Orde CIN/728/2009 polos que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión Podólogo. Materia transversal cuxo traballo se realizará asociado a distintas materias, co obxectivo de integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno. A UDC e a memoria del Título de Grao en Podoloxía establecen que os estudantes poden matricularse no TFG unha vez exista constancia fidedigna de que superou un total de 180 ECTS, incluídos todos os da primeira metade del plan de estudos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non haberá cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades iniciais e Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican Presentación Oral: Adaptada a docencia non presencial. Unha vez o estudante obteña a autorización de defensa do traballo por parte do seu titor, deberá solicitar a defensa do mesmo. A exposición e defensa do traballo será en formato virtual a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Os seminarios metodolóxicos/tarefas iniciais e titorías co/s director/es que non foran xa virtuais, franse por vía TEAMs da materia de TFG. 4. Modificacións na avaliación A avaliación do traballo tutelado: Realizarase polo/a director/a que deberá emitir un informe detallado e unha cualificación sobre o traballo realizado. A nota máxima alcanzada neste apartado poderá ser de 7 puntos. - A avaliación da presentación oral: O estudante defenderá o traballo ante o Tribunal, nunha sesión de formato non presencial na plataforma Teams que será pública e gravada, mediante unha reunión convocada e gravada polo propio tribunal (previo acordo co alumno e dentro da canle do período correspondente), na que o alumno adxuntará o PDF do seu TFG. A defensa consistirá na exposición oral e non presencial do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, na que se dará conta dos aspectos máis relevantes da actividade realizada. Logo da exposición, o tribunal poderá formular as preguntas e solicitar as consideracións que considere oportunas, as que o estudante deberá dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 10 minutos. A nota máxima alcanzada neste apartado poderá ser de 3 puntos. Observacións de avaliación: - Os cambios apliracaránse tanto en caso de peche das actividades presenciais xeralizados (estado de alarma, excepción...). Tamén no caso de estudantes en situación de confinamento/cuarentena por positivo ou contacto estricto de COVID19 que farán a exposición telemática estando o tribunal no centro. - Designarase 1 tribunal avaliador de TFG para a primeira e segunda oportunidade.- O/a director/a dun TFG non poderá formar parte do tribunal. O/a secretario/a do tribunal encargarase de introducir e asinar as cualificacións dos TFG nas actas dixitais no prazo establecido. - Antes do peche de actas o tribunal publicará a data e a hora da revisión (formato non presencial). Aqueles traballos que alcancen unha cualificación numérica igual ou superior a 7 (previa a corrección segundo a nota do expediente do estudante), serán remitidos ao Repositorio Institucional da UDC ( RUC, coa dirección web ) para a súa publicación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se plantexan modificacións bibliográficas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes