Proba mixta |
A84 A85 A86 B24 B25 B32 B39 C9 C11 C17 |
Exame escrito con preguntas obxectivas e de desenvolvemento. |
30 |
Proba de resposta breve |
A84 A85 A86 B25 B32 C11 |
Ó longo do cuadrimestre, individualmente o/a alumno/a cubrirá cuestionarios por Moodle. |
25 |
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia - SUPERACIÓN DA MATERIA
- Para superar a materia é necesario que o alumno obtivese a cualificación de 5 ou superior en:
- 1-
proba escrita (mixta). É o exame teórico que se efectuará ao finalizar o
cuadrimestre na data aprobada por Xunta de Facultade. Como mínimo se
deberá alcanzar en cada parte un 50% da calificación asignada - 2- Proba práctica. O mesmo día do exámen teórico e a continuación realizarase o exame práctico.
- CONDICIÓN DE ALUMNO/A NON PRESENTADO/A
- Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel/a estudante que, estando matriculado non concorra ás distintas actividades de avaliación establecidas. En ausencia de regulación específica (en caso de regulación específica para o Grao de Podoloxía, seguirase ésta), considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”:
a) cando non completase o proceso de avaliación continua nas condicións que figuran nesta guía. b) cando non se presente ás proba do período oficial de avaliación. - Se o/a alumno/a se presenta so a unha das
partes, aparecerá na acta como suspenso. De aprobar unha das partes e suspender a outra, gárdase a parte aprobada ata a convocatoria de xullo.
- MATRICULAS DE HONRA
Poderán
obter matrícula de honra (MH) aqueles/as alumnos/as que obtivesen un 9 ou
cualificación superior. Concederase esta cualificación ás mellores
notas, tendo en conta a posibilidade de outorgar unha matrícula de honra
cada 20 alumnos.
- ALUMNOS/AS CON MATRÍCULA PARCIAL Aqueles/as alumnos/as con matrícula parcial veranse sometidos ós mesmos criterios.
- SEGUNDA OPORTUNIDADE
A superación dalgunha das partes (teórica ou práctica) a través da proba escrita ou proba práctica por parte do/a alumno/a na primeria oportunidade [enténdese cunha calificación de 5 ou superior] gardarase só ata a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade examinarase só da suspensa pero de suspender de novo nesta segunda oportunidade, non se gardará a aprobada en primera oportunidade para a nova matrícula. Quedará pendente para o seguinte curso tanto a parte teórica coma a práctica. - SEGUNDA MATRÍCULA
O/a alumno/a ten dereito a iniciar o proceso de avaliacion (continua e final) de cero. Non obstante pode elexir que se lle garde algunha ou todas as calificacións da avaliación continua. - CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE DICIEMBRE
O/a alumno/a examinarase a través dun exame teórico (proba mixta) e dun examen práctico (proba práctica).
- PARA
Os RESTANTES CRITERIOS NON EXPOSTOS RELATIVOS Á AVALIACIÓN, SEGUIRANSE As NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 Modificada polo Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014 Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xaneiro de 2015 Modificada polo Consello de Goberno de 28 de setembro de 2016 Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017
|