Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas telemáticas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos...) Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material se poñerá a disposición do alumnado por diferentes vías (plataforma virtual, papel, TEAMs...).

Todas as actividades presenciais reealizaránse con asentos preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https://udc.es/gl/fep/coronavirus/.
No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.
Seminario Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a.
Recensión bilbiográfica A recensión consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos sobre Dermatoloxía Podolóxica ou temas relacionados coa mesma e a realización de actividades (Resúmenes, esquemas, traduccións,...) que no seu momento propoñeranse a través da facultade virtual.
Proba de resposta múltiple Exame presencial empregando o Campus Vitual da materia, con preguntas de proba obxectiva (70 preguntas tipo test). O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes