Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito Sindical I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dereito Sindical I Código 760G01013
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Lopez Arránz, Maria Asuncion
Correo electrónico
a.larranz@udc.es
Profesorado
Lopez Arránz, Maria Asuncion
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
a.larranz@udc.es
i.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Dereito Sindical I está no segundo ano do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. O contido deste curso permite aos alumnos xestionar conceptos legais sobre as relacións colectivas de traballo e as súas fontes desde a perspectiva da liberdade de asociación e da autonomía sindical, para acadar un coñecemento lexislativo, doutrinal e xurisprudencial en cuestións sindicais. Ensina estratexias dos axentes sociais de xestión, todo a partir do seu inicio ata o presente, baixo unha análise do dereito comparado. Esta docencia do Dereito Sindical I realízase desde unha perspectiva de xénero, non é sinónimo de sexo nin de mulleres, é unha ensinanza que considera o sexo e o xénero como variables analíticas e explicativas. Implica prestar atención ás semellanzas e diferenzas nas experiencias, intereses, expectativas, actitudes e comportamentos de mulleres e homes, así como identificar as causas e consecuencias da desigualdade de xénero, para combatela. O ensino con perspectiva de xénero ten en conta tanto as características biolóxicas das persoas (sexo) como as características sociais e culturais de mulleres e homes (xénero). É dicir, o xénero é unha categoría social e un elemento constitutivo das relacións e estruturas sociais que se basea nas xerarquías impostas polas normas e estereotipos sociais que hai que erradicar. Preténdese integrar a perspectiva de xénero neste ensino para identificar as experiencias e contribucións de homes e mulleres no mundo do Dereito Sindical, a través das súas contribucións ao longo da historia, á construción do sindicalismo actual. E tamén, preste atención á participación das mulleres no sindicalismo, para comprender o funcionamento da sociedade pasada e actual e as normativas nas que se basea.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen – Discusión dirixida computa na avaliación – Estudo de casos(computa na avaliación) – Presentación oral (computa na avaliación) – Proba obxectiva (computa na avaliación) – Traballo tutelado (computa na avaliación) – Sesión maxistral(computa na avaliación – Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican No decaen ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.). – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver os estudo de casos, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos testudos de casos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “estudos de casos”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación metodoloxía (% nopeso da cualificación) e a súa descrición. Discusión dirixida (4%): En relación coa discusión dirixida valorase: X O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. Estudo de casos (8%): En relación co Estudo de casos valorarase: X A profundidade do contido. X O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. X O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. X A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. Presentación oral (2%): En relación coa presentación oral valorarase: X A presentación e a claridade da exposición Proba obxectiva (60%): En relación coa resposta múltiple valorarase: X Permite coñecer los coñecementos adquiridos Traballos tutelados (20%): En relación con os traballos tutelados valorarase: X A profundidade do contido. X O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. X O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. X A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. Sesión Maxistral (6 %): En relación coa Sesión Maxistral valorarase: X La presencia activa por teams. Observacións de avaliación: (Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.) Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: ? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ( Discusión dirixida, estudo de casos, presentación oral, proba obxectiva, traballos tutelados, sesión maxistral).regar e expoñer os estados de casos na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes