Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Bioloxía Departamento profesorado máster Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Cid Blanco, Angeles
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
Profesorado
Bou Arévalo, Germán
Cid Blanco, Angeles
Poza Domínguez, Margarita
Tomas Carmona, Maria Del Mar
Correo electrónico
GermanBou@canalejo.org
angeles.cid@udc.es
Margarita.Poza.Dominguez@sergas.es
maria.tomas@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta asignatura céntrase no estudo a nivel molecular do comportamento cooperativo microbiano e a xeración de resistencias en bacterias, para poder abordar novos sistemas de control bacteriolóxico en xeral, e das bacterias multirresistentes en particular.
Plan de continxencia
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
No caso de non presencialidade sobrevida:
1. Modificacións nos contidos
Non están contempladas
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais, seminario e proba de resposta breve
*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso necesario, a docencia será telemática, as prácticas de laboratorio sustituiranse por un traballo individual orientado e a proba de resposta breve levarase a cabo telemáticamente
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As clases maxistrais e algunhas titorías impartiranse por Teams de modo síncrono.
Para titorías tamén se empregará o correo electrónico de modo asíncrono e sin temporalización específica
Para os exames empregarase a plataforma Moodle nas datas sinaladas a tal efecto
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
Si se suspenden as prácticas presenciais, o traballo individual que as sustitúen terá o mesmo peso na avaliación
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías