Trátase dunha materia na que se pretende presentar aos alumnos os aspectos básicos da biotecnoloxía animal. Comprender os fundamentos de ferramentas moleculares para o estudo de genomas e como a través de marcadores moleculares podénse identificar especies, analizar poboacións e desenvolver programas de mellora. Tamén coñecer ferramentas e aplicacións de tecnoloxías para a manipulación cromosómica e fertilización in vitro.
Plan de continxencia
Adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación no caso dun escenario de non presencialidade.
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: substitúese por estudo previo (lectura de documentación/visionado de vídeos de maneira autónoma) e posterior debate dirixido polo profesor.
- Prácticas de laboratorio: substitúese a visita pola presentación online do centro a visitar.
- Prácticas a través de TIC: impartiranse a través de Teams.
- Proba obxectiva: realizarase nun entorno virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico con frecuencia diaria para facer consultas e solicitar encontros virtuais para titorías.
- Campus Virtual/Moovi con frecuencia diaria para proporcionar materiais e información da materia.
- Teams na franxa horaria da materia para sesións de debate dirixido polo profesor. Tamén a pedimento do estudante para realizar titorías.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Proporcionaranse recursos electrónicos de libre acceso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías