Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral
Introdúcense conceptos xerais de Economía, particularizando na interacción co medio ambiente do sistema económico e no rol das políticas, e da propia sociedade, cara a configuración dunha economía circular. Na materia afondase na análise dos aspectos económicos e financeiros dos proxectos de investimento con características ambientais e das políticas ambientais, así coma o desenvolvemento de técnicas que permitan avaliar de forma conxunta aspectos económicos e ambientais de proxectos e políticas. Os métodos de análise que se estudan na materia son os criterios clásicos de avaliación financiera, como o VAN e o TIR, os métodos de decisión multicriterio e a análise custo beneficio (ACB). A principal aplicación práctica da materia consiste en explicar o desenvolvemento dun proceso de avaliación económica, financeira e ambiental dun proxecto privado con características ambientais ou dunha política ambiental.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas. Coas correspondentes adaptacións para o desenvolvemento virtual, ou semipresencial, mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, Teams e correo electrónico. Atendese baixo demanda do estudantado dacordo coa dispoñibilidade do profesor de luns a venres.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións
*Observacións de avaliación:
Realizarase a adaptación correspondente para a súa operatividade mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
6. No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías