Obxectivos da materia
O obxectivo xeral da materia é que os alumnos dominen os aspectos básicos da espectroscopia electrónica e especificamente da fluorescencia, así como da fotoquímica. Incidirase especialmente na utilidade da fluorescencia para coñecer o comportamento molecular en estados electrónicos excitados e nas súas aplicacións nos eidos da Química, Bioloxía e Medicina. Despois de cursar esta materia, o alumno debería:
• Entender os aspectos básicos da espectroscopia electrónica e de fluorescencia e as propiedades moleculares en estados electrónicos excitados.
• Coñecer as técnicas experimentais para medir fluorescencia.
• Poder describir os mecanismos de extinción da fluorescencia e a súa utilidade.
• Entender os mecanismos de transferencia de enerxía electrónica e a súa utilización para estudos estruturais.
• Saber utilizar os distintos métodos baseados na fluorescencia para obter información estrutural e dinámica sobre o entorno molecular e supramolecular.
• Coñecer os tipos de sondas de fluorescencia máis importantes e as súas aplicacións.
• Ser capaz de realizar medidas de fluorescencia con seguridade e corrección.
Plan de continxencia
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
As actividades docentes en remoto realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS Teams.
Os seminarios e titorías, así como a comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante MS Teams ou, en casos excepcionais, mediante correo electrónico.
No escenario 2 contémplanse dúas modalidades, presencialidade física ao 100%, cando se trate de grupos reducidos, e/ou a organización docente o permita; e combinación de 50% de presencialidade física e 50% telemática. Na modalidade combinada subdividiranse os grupos de expositivas, que terán docencia presencial alterna, é dicir, a metade do alumnado estará na aula e a outra metade seguirá a clase vía MS Teams. A implementación da modalidade combinada estará condicionada a dispoñibilidade de espazos docentes suficientes.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías