Nesta materia preténdese que o alumno adquira os conceptos fundamentáis no ámbito da química médica e o deseño de fármacos, así como de que coñeza as etapas necesarias para o desenvolvemento dun fármaco, que van desde o descubrimento dun composto activo a nivel de laboratorio ata a súa implantación no mercado. A materia abordará ademáis as principiáis metodoloxías actuáis na procura de candidatos cabeza de serie que se utilizan tanto a nivel industrial como académico, así como a súa optimización para o desenvolvemento dun fármaco. Isto inclúe desde o deseño racional baseado na estrutura tridimensional da diana, o cribado virtual de compostos, ao deseño baseado en fragmentos. Describiranse ademáis os aspectos máis relevantes na cuantificación da relación estrutura-actividade (QSAR). Cada un dos contidos desta materia ilustrarase con exemplos representativos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Mantéñense todas as metodoloxías docentes (sesión magristral, seminarios e proba obxectiva).
Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías docentes adaptaranse á modalidade híbrida:
- As sesións maxistrais e seminarios levarán a cabo de forma síncrona no horario establecido no calendario de actividades, a través da plataforma Teams.
-A proba obxectiva levará a cabo a través das plataformas Moodle e Teams no horario establecido no calendario de actividades.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. Os profesores da materia estarán dispoñibles para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades.
– Teams: Diariamente. Os profesores da materia estarán dispoñibles para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades.
4. Modificacións na avaliación:
- Non levarán a cabo modificacións nas porcentaxes das distintas actividades avaliables.
Observacións de avaliación:
- Mantéñense as observacións á avaliación da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non levarán a cabo modificacións. Os estudantes dispoñerán de toda a información necesaria a través de Moodle e da biblioteca da facultade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías