Esta materia, de carácter optativo e enmarcada na especialidade “Química e Economía Industrial”, pretende formar ó alumnado nos aspectos relacionados cós analizadores de procesos de aplicación industrial, tanto dende un punto de vista teórico como práctico, así como na xestión e control de procesos. Polo tanto, os obxectivos específicos desta materia son:
• Coñecer os fundamentos do control de procesos.
• Coñecer as estratexias básicas e avanzadas de control de procesos.
• Coñecer a instrumentación de procesos e saber seleccionar o instrumento máis axeitado para unha aplicación concreta.
• Coñecer os fundamentos da automatización dos procesos analíticos.
• Adquirir dunha forma completa e integrada os aspectos relacionados cós analizadores de procesos de aplicación industrial, tanto dende un punto de vista teórico como práctico.
• Ser capaz de seleccionar o tipo de analizador en liña máis axeitado en cada caso.
• Formar técnicos na xestión e no control de procesos.
Plan de continxencia
* Metodoloxía:
Plan de continxencia para actividades de ensino remoto (escenarios 2 ou 3):
As clases expositivas do escenario 2, e as clases expositivas e interactivas do escenario 3, celebraranse de xeito sincrónico e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos distintos medios telemáticos dispoñibles na USC. A titoría individualizada farase a través do foro do Campus Virtual (Moodle), dunha videochamada de MS-Teams ou por correo electrónico.
* Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario, coa única diferenza de que as actividades de avaliación se levarán a cabo, segundo o establecido polas autoridades competentes, ben de xeito presencial na aula ou remotamente usando os medios telemáticos dispoñibles na USC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías